Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Agora entramos nós : Voces Ceibes e a canción protesta galega / Sheila Fernández Conde

por Fernández Conde, Sheila [autor/a]; Consorcio de Santiago [editor/a]; Galicia. Xunta [editor/a]; Universidade de Santiago de Compostela [editor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Santiago de Compostela : Consorcio de Santiago : Xunta de Galicia : Universidade de Santiago de Compostela , 2018 Descrición: 322 p. : il., fot. ; 24 cm.ISBN: 9788416954674 (USC); 9788416753260 (Consorcio de Santiago); 9788445352915 (Xunta de Galicia).Materia(s): Voces Ceibes (Grupo musical) | Voces Ceibes (Grupo musical) | Canción protesta -- Galicia -- 20º siglo | Música popular -- Galicia | Lingua galega - -- Historia social | Etnolingüística
Contido:
Contén: relación de recitais e carteis
Resumo: Nos anos sesenta do século XX esperta, ou, mellor, agroma, un novo ordenamento político-social internacional. Prodúcese un profundo cambio xeracional e a xuventude irrompe con forza, rachando coa moralidade convencional e reformulando valores e actos herdados: o movemento hippy, Vietnam, a primavera de Praga, o maio francés... son síntomas dunha mocidade farta de aceptar políticas impostas. Para a sociedade galega dos anos sesenta, o xogo desenvolvíase, ademais, nunha liga de extrema complexidade, pois tratábase de loitar ideolóxica e activamente contra o aparato dunha ditadura que, malia periclitar, seguía anulando toda posibilidade de oposición ou inconformismo. Un intre histórico de aniquilación das liberdades que requiría a toma de posesión de espazos, vía na cal a canción converteuse nunha arma cargada de futuro. A música permitiu que unha loita que xa esmorecía tomase novos folgos, xa que, entre outras cousas, substituía todo aquilo que non se podía cumprir no terreo público: a canción substituía o mitin. O 26 de abril de 1968, na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, un grupo formado por varios mozos estudantes en Compostela ao que chamaron Voces Ceibes daba o seu primeiro recital. O que pasou antes e o que veu despois está contado nas páxinas deste libro
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CPI Plurilingüe Antonio Orza Couto
Sala préstamo
78 FER ago Dispoñible Sala Carlos Casares CEH023000016010

Contén: relación de recitais e carteis

Nos anos sesenta do século XX esperta, ou, mellor, agroma, un novo ordenamento político-social internacional. Prodúcese un profundo cambio xeracional e a xuventude irrompe con forza, rachando coa moralidade convencional e reformulando valores e actos herdados: o movemento hippy, Vietnam, a primavera de Praga, o maio francés... son síntomas dunha mocidade farta de aceptar políticas impostas. Para a sociedade galega dos anos sesenta, o xogo desenvolvíase, ademais, nunha liga de extrema complexidade, pois tratábase de loitar ideolóxica e activamente contra o aparato dunha ditadura que, malia periclitar, seguía anulando toda posibilidade de oposición ou inconformismo. Un intre histórico de aniquilación das liberdades que requiría a toma de posesión de espazos, vía na cal a canción converteuse nunha arma cargada de futuro. A música permitiu que unha loita que xa esmorecía tomase novos folgos, xa que, entre outras cousas, substituía todo aquilo que non se podía cumprir no terreo público: a canción substituía o mitin. O 26 de abril de 1968, na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, un grupo formado por varios mozos estudantes en Compostela ao que chamaron Voces Ceibes daba o seu primeiro recital. O que pasou antes e o que veu despois está contado nas páxinas deste libro

Coa tecnoloxía Koha