Fernández Conde, Sheila

Agora entramos nós : Voces Ceibes e a canción protesta galega / Sheila Fernández Conde - Santiago de Compostela : Consorcio de Santiago : Xunta de Galicia : Universidade de Santiago de Compostela , 2018 - 322 p. : il., fot. ; 24 cm

Contén: relación de recitais e carteis

Nos anos sesenta do século XX esperta, ou, mellor, agroma, un novo ordenamento político-social internacional. Prodúcese un profundo cambio xeracional e a xuventude irrompe con forza, rachando coa moralidade convencional e reformulando valores e actos herdados: o movemento hippy, Vietnam, a primavera de Praga, o maio francés... son síntomas dunha mocidade farta de aceptar políticas impostas. Para a sociedade galega dos anos sesenta, o xogo desenvolvíase, ademais, nunha liga de extrema complexidade, pois tratábase de loitar ideolóxica e activamente contra o aparato dunha ditadura que, malia periclitar, seguía anulando toda posibilidade de oposición ou inconformismo. Un intre histórico de aniquilación das liberdades que requiría a toma de posesión de espazos, vía na cal a canción converteuse nunha arma cargada de futuro. A música permitiu que unha loita que xa esmorecía tomase novos folgos, xa que, entre outras cousas, substituía todo aquilo que non se podía cumprir no terreo público: a canción substituía o mitin. O 26 de abril de 1968, na Facultade de Medicina da Universidade de Santiago, un grupo formado por varios mozos estudantes en Compostela ao que chamaron Voces Ceibes daba o seu primeiro recital. O que pasou antes e o que veu despois está contado nas páxinas deste libro

9788416954674 (USC) 9788416753260 (Consorcio de Santiago) 9788445352915 (Xunta de Galicia)


Voces Ceibes (Grupo musical)
Voces Ceibes (Grupo musical)


Canción protesta --Galicia--20º siglo
Música popular--Galicia
Lingua galega - --Historia social
Etnolingüística

78 784 784.4(460.11)"19"

Coa tecnoloxía Koha